headerheader-400header-800
Volver
Modelo normalizado para solicitar licenza de actividade para os supostos contemplados no artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia: "Artigo 41. Actividades sometidas a licenza ou autorización. En atención á concorrencia de razóns de orde pública, seguridade pública, saúde pública e protección do medio ambiente, será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para: a) A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor. b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público. c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación. d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación. e) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme ao procedemento que regulamentariamente se estableza. f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica. g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización."

Data de publicación: 02/07/2020

Categoría: Departamento de Urbanismo

Tipo: Formularios de solicitude

Documentación:
  1. Descargar
    1,1 MB
Procedementos relacionados:
  1. 011 Solicitude de licenza de actividade (art. 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia)