headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

013 Solicitude de caducidade de expediente de reposición da legalidade urbanística

Cando transcorresen máis de 6 anos desde a finalización de obras de construción, que fosen obxecto de expediente de reposición da legalidade urbanística no Concello de Sanxenxo, de conformidade co artigo 153 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, os interesados, previa xustificación documental da data de finalización das obras, poderán solicitar a caducidade do expediente de reposición da legalidade urbanística.

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
Artigo 153. Obras terminadas sen título habilitante.
1. Se estivesen acabadas as obras sen licenza, comunicación previa ou orde de execución, ou incumprindo as condicións sinaladas nas mesmas, a persoa titular da alcaldía, dentro do prazo de seis anos, a contar desde a total terminación das obras, incoará expediente de reposición da legalidade, procedendo segundo o disposto no artigo anterior. Tomarase como data de terminación das obras a que resulte da súa efectiva comprobación pola administración actuante, sen prexuízo da súa acreditación por calquera outro medio de proba válido en dereito.

2. Transcorrido o prazo de caducidade de seis anos sen que se adoptaron as medidas de restauración da legalidade urbanística, quedarán suxeitas ao réxime previsto no artigo 90.

Artigo 90. Edificios fóra de ordenación.
1. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións por estar afectados por viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación.

Nestes edificios, construcións e instalacións poderá manterse o uso preexistente, en todo caso, mesmo se se trata de usos non permitidos pola ordenanza ou normativa urbanística vixente, e só poderán realizarse neles obras de conservación e as necesarias para o mantemento do devandito uso preexistente.

O disposto no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo da posibilidade de cambio de uso a calquera dos usos permitidos pola ordenanza ou normativa urbanística que resulte de aplicación, sen máis obras que as mínimas e imprescindibles.

En ambos os casos, os propietarios deberán renunciar ao incremento do valor expropiatorio, sen que tal renuncia afecte as obras que sexa obrigatorio realizar para manter o inmoble en adecuadas condicións de conservación, de acordo co correspondente informe de avaliación do edificio, cando este sexa obrigatorio, segundo a normativa vixente.

O réxime previsto neste número será de aplicación no caso dos edificios, construcións e instalacións existentes en chan urbano non consolidado, en áreas de chan de núcleo rural nas cales se prevexan actuacións de carácter integral, no chan urbanizable e nos terreos afectados a sistemas xerais, mentres non estea aprobada definitivamente a ordenación detallada dos devanditos ámbitos.

2. O plan urbanístico determinará o réxime a que deban someterse as edificacións, construcións e instalacións preexistentes á súa aprobación definitiva que non sexan plenamente compatibles coas súas determinacións, pero que non estean incursas na situación de fóra de ordenación, conforme ao sinalado no número anterior, e poderán realizarse, como mínimo, as obras sinaladas no número anterior.

Nas edificacións, construcións e instalacións en chan rústico que se atopen na situación descrita no parágrafo anterior, poderá manterse o uso preexistente, aínda que se trate de usos non axustados á normativa urbanística vixente. Tamén se admitirán os cambios de uso, sempre que se trate dun uso permitido nesta clase de chan, admitíndose as obras que se axusten ao réxime xurídico do chan rústico previsto nesta lei e nas súas disposicións regulamentarias de desenvolvemento, sen que, en ningún caso, poida agravarse a situación de incompatibilidade da edificación, construción ou instalación respecto da situación inicial.

DIRIXIDO A

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.

De conformidade co establecido no artigo 77 do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, é obrigatorio que a persoa que pretenda rexentar unha actividade que xa se atopaba en funcionamento con título habilitante, comunique por escrito tal circunstancia ao concello de Sanxenxo, cumprimentando e asinando debidamente o modelo normalizado existente e achegando a documentación que se indica no mesmo.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

- Fotocopia do DNI do interesado

- Modelo normalizado de solicitude de caducidade do expediente, debidamente cuberto.

- Xustificante do pago da taxa municipal.

- Documentación acreditativa da data de finalización das obras obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística para o que se solicita a caducidade.

- Fotografías do estado actual do inmoble.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Volver
Rexistro electrónico