headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

012 Comunicación de cambio de titularidade de licenza de obra

A licenza en vigor para a realización de obras de construción de nova planta, ampliacións de edificacións existentes, ou calquera outra obra para a cal se obtivo licenza municipal, poderá ser transmitida a un novo titular, debendo comunicar o cambio de titularidade ao Concello.

DIRIXIDO A

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.

De conformidade co establecido no artigo 77 do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, é obrigatorio que a persoa que pretenda rexentar unha actividade que xa se atopaba en funcionamento con título habilitante, comunique por escrito tal circunstancia ao concello de Sanxenxo, cumprimentando e asinando debidamente o modelo normalizado existente e achegando a documentación que se indica no mesmo.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Volver
Rexistro electrónico