Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

011 Solicitude de licenza de actividade (art. 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia)

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia danse varios casos de actividades que para a súa apertura non poden acollerse ao réxime de comunicación previa, debendo tramitar e obter a preceptiva licenza municipal de apertura para a posta en funcionamento do negocio.

Están suxeitas á obtención de licenza de actividade:
  1. A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  2. A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público (existe procedemento específico para a súa tramitación no catálogo de procedementos desta sede).
  3. A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
  4. A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
  5. A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme ao procedemento que regulamentariamente se estableza.
  6. A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
  7. A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

Dependendo do tipo de actividade, segundo corresponda, achegarase:

  1. Modelo normalizado de solicitude de licenza de actividade.
  2. Fotocopia do DNI do solicitante.
  3. Se o solicitante é unha persoa xurídica: fotocopia da escritura de constitución da sociedade e do CIF.
  4. Documentación acreditativa da representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
  5. Xustificante de pago da taxa municipal.
  6. Fotocopia do contrato de arrendamento do local ou da escritura de propiedade do mesmo (segundo o caso).
  7. Escrito de renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación (para inmobles en situación de fora de ordenación).
  8. Proxecto técnico redactado por técnico competente. Nos casos en que así se dispoña pola lexislación vixente, deberá aportarse visado polo colexio profesional correspondente (en formato dixital).
  9. Plan de emerxencia, plan de  autoprotección, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, de acordo coa normativa de aplicación e conforme aos requisitos que esta dispoña, redactados de conformidade coa normativa vixente e sempre que os seus contidos non se incorporase ao proxecto técnico indicado no punto anterior.
  10. Informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia (pode integrarse como parte do proxecto técnico anteriormente indicado)
  11. Declaración responsable sobre cumprimento do disposto no Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia (no caso de que a actividade produza un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB e de que non se presente o informe indicado no punto anterior).
  12. Declaración da persoa titular ou organizadora (no seu caso), onde se faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  13. Xustificante de ter contratada e en vigor unha póliza de seguro de responsabilidade civil de conformidade coas cantidades establecidas pola disposición transitoria terceira da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
  14. Declaración censal (mod. 036 ou o que corresponda, acreditativo da alta da actividade ante a Axencia Tributaria). Reportaxe fotográfica, incluídas fotografías da totalidade da fachada e do interior do local, subscrita polo solicitante.
  15. Certificado de medición acústica realizada por empresa homologada, acreditativa do cumprimento dos parámetros esixibles, e realizada consonte aos mecanismos e técnicas fixadas na ordenanza municipal.
  16. Certificado da correcta instalación e funcionamento de aparato limitador rexistrador conectado aos equipos de son instalados no local.
  17. Autorización ou declaración de incidencia ambiental, de ser o caso.
  18. Contrato subscrito con xestor autorizado para a recollida dos residuos xerados.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia:

"Artigo 41. Actividades sometidas a licenza ou autorización.

En atención á concorrencia de razóns de orde pública, seguridade pública, saúde pública e protección do medio ambiente, será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para:

a) A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público.

c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.

d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.

e) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme ao procedemento que regulamentariamente se estableza.

f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.

g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización".

Artigo 34 do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos

" Artigo 34 Solicitude

  1. A solicitude de licenza municipal será presentada polas persoas encargadas da organización do espectáculo público ou da actividade recreativa, ou pola persoa titular do establecemento, ante o concello onde se pretenda desenvolver o espectáculo ou actividade ou abrir o establecemento, con anterioridade ao comezo da actividade ou á apertura do local.
  2. A solicitude de licenza conterá os datos e documentos que se prevén no artigo 42 da Lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e tramitarase e resolverá segundo o previsto na mesma".

Volver
Rexistro electrónico