Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

010 Solicitude de declaración expresa de incursión en situación de fora de ordenación

As edificacións construídas con título habilitante con anterioridade á aprobación definitiva do planeamento urbanístico, que resulten incompatibles coas súas determinacións por estar afectadas polo trazado de viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos poderán solicitar a declaración expresa de fóra de ordenación.

Igualmente, as obras terminadas sen título habilitante, comunicación previa ou orde de execución, ou incumprindo as condicións sinaladas nas mesmas, que acrediten que a finalización das obras produciuse fai máis de seis anos, poderán solicitar a declaración expresa de fóra de ordenación.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

  1. Impreso normalizado de solicitude de declaración expresa de fóra de ordenación.
  2. Xustificante do pago da taxa municipal (calcularase a través do formulario de autoliquidación).
  3. Fotocopia do DNI do solicitante (se o solicitante é persoa física.
  4. Fotocopia do CIF, escritura de constitución e DNI do representante legal (se o solicitante é persoa xurídica).
  5. Consulta descritiva e gráfica catastral do inmoble no que se pretenda actuar. Será válida a obtida na oficina virtual do Catastro ou a obtida nos puntos autorizados de información castastral.
  6. Fotografías actuais da edificación (en cor).
  7. Documentación acreditativa da data de finalización das obras.
  8. Escritura de propiedade e/ou escritura de obra nova.
  9. Calquera outra documentación que se estime oportuna.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Rexistro do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Artigo 90. Edificios fóra de ordenación.

1. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións por estar afectados por viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación.

Nestes edificios, construcións e instalacións poderá manterse o uso preexistente, en todo caso, mesmo se se trata de usos non permitidos pola ordenanza ou normativa urbanística vixente, e só poderán realizarse neles obras de conservación e as necesarias para o mantemento do devandito uso preexistente.

O disposto no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo da posibilidade de cambio de uso a calquera dos usos permitidos pola ordenanza ou normativa urbanística que resulte de aplicación, sen máis obras que as mínimas e imprescindibles.

En ambos os casos, os propietarios deberán renunciar ao incremento do valor expropiatorio, sen que tal renuncia afecte as obras que sexa obrigatorio realizar para manter o inmoble en adecuadas condicións de conservación, de acordo co correspondente informe de avaliación do edificio, cando este sexa obrigatorio, segundo a normativa vixente.

O réxime previsto neste número será de aplicación no caso dos edificios, construcións e instalacións existentes en chan urbano non consolidado, en áreas de chan de núcleo rural nas cales se prevexan actuacións de carácter integral, no chan urbanizable e nos terreos afectados a sistemas xerais, mentres non estea aprobada definitivamente a ordenación detallada dos devanditos ámbitos.

2. O plan urbanístico determinará o réxime a que deban someterse as edificacións, construcións e instalacións preexistentes á súa aprobación definitiva que non sexan plenamente compatibles coas súas determinacións, pero que non estean incursas na situación de fóra de ordenación, conforme ao sinalado no número anterior, e poderán realizarse, como mínimo, as obras sinaladas no número anterior.

Nas edificacións, construcións e instalacións en chan rústico que se atopen na situación descrita no parágrafo anterior, poderá manterse o uso preexistente, aínda que se trate de usos non axustados á normativa urbanística vixente. Tamén se admitirán os cambios de uso, sempre que se trate dun uso permitido nesta clase de chan, admitíndose as obras que se axusten ao réxime xurídico do chan rústico previsto nesta lei e nas súas disposicións regulamentarias de desenvolvemento, sen que, en ningún caso, poida agravarse a situación de incompatibilidade da edificación, construción ou instalación respecto da situación inicial.

Artigo 153. Obras terminadas sen título habilitante.

1. Se estivesen acabadas as obras sen licenza, comunicación previa ou orde de execución, ou incumprindo as condicións sinaladas nas mesmas, a persoa titular da alcaldía, dentro do prazo de seis anos, a contar desde a total terminación das obras, incoará expediente de reposición da legalidade, procedendo segundo o disposto no artigo anterior. Tomarase como data de terminación das obras a que resulte da súa efectiva comprobación pola administración actuante, sen prexuízo da súa acreditación por calquera outro medio de proba válido en dereito.

2. Transcorrido o prazo de caducidade de seis anos sen que se adoptaron as medidas de restauración da legalidade urbanística, quedarán suxeitas ao réxime previsto no artigo 90.

Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia

Artigo 205. Edificios fóra de ordenación

1. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resultasen incompatibles coas súas determinacións por estar afectados por viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación.

Nestas construcións só poderán realizarse obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, debendo renunciar expresamente os propietarios ao incremento do valor expropiatorio (artigo 90.1 da LSG).

Este réxime será de aplicación no caso dos edificios, construcións e instalacións existente en chan urbano non consolidado, en áreas de chan de núcleo rural nas que se prevexan actuacións de carácter integral, no chan urbanizable e nos terreos afectados a sistemas xerais, mentres non estea aprobada definitivamente a ordenación detallada dos devanditos ámbitos.

En calquera caso, a renuncia ao incremento do valor expropiatorio non afectará as obras que sexa obrigatorio realizar para manter o inmoble en adecuadas condicións de conservación, de acordo co correspondente informe de avaliación do edificio, cando este sexa obrigatorio segundo a normativa vixente, pola antigüidade da edificación.

2. O plan urbanístico determinará o réxime a que haxan de someterse as edificacións, construcións e instalacións preexistentes á súa aprobación definitiva que non sexan plenamente compatibles coas súas determinacións, pero que non estean incursas na situación de fóra de ordenación, conforme o sinalado no apartado anterior, podendo realizarse, como mínimo, as obras sinaladas no apartado anterior (artigo 90.2 da LSG).

PLAN BÁSICO AUTONÓMICO

Artigo 63. Réxime das edificacións desconformes co plan urbanístico

1. Nas edificacións, construcións e instalacións preexistentes á aprobación definitiva do plan que non sexan plenamente compatibles coas súas determinacións, pero que non estean incursas na situación de fóra de ordenación, conforme ao sinalado na normativa urbanística vixente, poderanse realizar as obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, así como as obras e cambios de uso que se axusten á ordenanza que resulte de aplicación.

2. En ningún caso, poderá agravarse a situación de incompatibilidade co plan respecto a a situación inicial.


Volver
Rexistro electrónico