DIRIXIDO A
De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.
De conformidade co establecido no artigo 77 do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, é obrigatorio que a persoa que pretenda rexentar unha actividade que xa se atopaba en funcionamento con título habilitante, comunique por escrito tal circunstancia ao concello de Sanxenxo, cumprimentando e asinando debidamente o modelo normalizado existente e achegando a documentación que se indica no mesmo.
PRESENCIALMENTE
Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ELECTRONICAMENTE
Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.
Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.
A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.
Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Rexistro do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 | 09:00 - 14:00 horas |
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 | 09:00 - 14:00 horas |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 |
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 |
Oficina | Horario | |
Rexistro do Concello de Sanxenxo | 09:00 - 14:00 horas | |
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | 09:00 - 14:00 horas |
Artigo 142.2.g da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, e artigo 351.1.g) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da referida lei 2/2016, por canto dispoñen:
2. Estarán suxeitos a licenza municipal, sen prexuízo das autorizacións que sexan procedentes de acordo coa lexislación sectorial aplicable, o seguintes actos:
(...) g) A primeira ocupación dos edificios (...)
Artigo 355.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei do Solo de Galicia, por canto dispón:
3. As solicitudes de licenza de primeira ocupación ou utilización que se refiran a edificacións amparadas en licenza de obras que requirisen proxecto técnico, deberán ir acompañadas dun certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras, previa á visita de comprobación dos servizos técnicos municipais, subscrito por técnico competente e visado polo colexio profesional cando así o exixa a normativa vixente, así como unha declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente.
Xuntarase igualmente á solicitude documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora e, se é o caso, certificación emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos, da axeitada execución das acometidas das redes de subministración.
Poderán outorgarse licenzas de primeira ocupación parciais nos termos previstos no artigo 358.2 deste regulamento
Artigo 358 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei do Solo de Galicia, no cal se regulan as licenzas por fases ou parciais, por canto dispón:
1. O concello poderá outorgar licenzas de obras parciais que autoricen a realización de fases concretas dun proxecto básico de edificación. Para o inicio das obras será necesaria a presentación do proxecto de execución referido á fase de que se trate.
2. Poderán outorgarse licenzas de primeira ocupación parciais, por edificios ou portais completos, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
a) Que o estado de execución das obras autorizadas permita a súa utilización e ocupación con independencia da parte do edificio ou a construción inacabada.
b) Que a parte para cuxa ocupación ou utilización se solicite licenza, fose executada integramente de conformidade co proxecto autorizado e, se procede, coas súas modificacións e coas condicións da licenza urbanística outorgada.
c) Que a súa utilización e ocupación e o remate das obras non se interfiran mutuamente de forma grave.
d) Outras que establezan as ordenanzas municipais da edificación, se procede.
3. Nos supostos indicados no punto anterior, o concello poderá exixir mediante acordo motivado que o solicitante constitúa garantía para asegurar a correcta execución das obras restantes.
4. Tamén poden outorgarse licenzas de ocupación ou utilización limitadas a partes das construcións e instalacións que cumpran a normativa urbanística, cando existan outras partes que non se axusten a ela en aspectos de detalle ou escasa entidade, sempre que se cumpra o previsto na letra a) do número 2 deste artigo e que se constitúa garantía, sen prexuízo de exercer as potestades de disciplina urbanística que fosen procedentes.