Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

005 Solicitude de licenza para instalación de terraza na vía pública

INSTALACIÓN DE TERRAZAS NA VÍA PÚBLICA

A implantación destas instalacións require a previa obtención de licenza municipal nos termos previstos na Ordenanza Municipal reguladora (BOPPO núm. 32, do 17 de febreiro de 2020) e na normativa sectorial aplicable.

A licenza municipal permite ao solicitante o aproveitamento de terreos de dominio público dentro do termo municipal de Sanxenxo mediante a ocupación temporal con terrazas e instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que desenvolven os establecementos de hostalería de carácter permanente.

Estas normas non serán de aplicación aos actos de ocupación do dominio público de carácter hostaleiro que se realicen con motivo da celebración das festas patronais, feiras e festexos populares, que se rexerán polas súas normas específicas.

A estes efectos, entenderase por terrazas, as instalacións formadas por mesas, cadeiras, parasoles, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbano móbiles e desmontables, que desenvolven a súa actividade de forma accesoria a un establecemento principal de hostalería tal como bar, café-bar, cafetería, restaurante o similares.

Poderán solicitar licenza para este tipo de ocupacións, os titulares de licenzas de actividade en vigor, para a apertura dos establecementos de hostalería que linden co espazo exterior que se pretende ocupar, sempre que a actividade se desenvolva de conformidade coas normas urbanísticas e sectoriais que regulan a mesma.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

  1. Modelo normalizado de solicitude de licenza para instalación de Terraza na vía pública debidamente cumprimentado e asinado.
  2. Fotocopia do DNI do solicitante (persoa física) ou do CIF, escritura de constitución e DNI do representante legal da entidade (persoa xurídica).
  3. Xustificante do pago das taxas municipais correspondentes.
  4. Consulta descritiva e gráfica catastral do inmoble no que se atopa a actividade principal.
  5. Declaración censal (mod. 036 ou o que corresponda), acredita­tivo da alta no padrón do Imposto de Actividades  Económicas.
  6. Fotografías da totalidade da fronte do local.
  7. Plano de situación dentro do municipio e plano acoutado e detallado da superficie que se pretende ocupar, que grafíe tanto as terrazas como os elementos que se pretendan instalar, de maneira que se aprecie que:
  • non interfiren o acceso a portais de inmobles nin impiden a visión de escaparates
  • deixan completamente libres os servizos públicos (art. 4.1 da ordenanza municipal)
  • non se dificulta a manobra de entrada ou saída en vados de paso de vehículos, en portais de acceso a vivendas ou en portas de acceso a establecementos comerciais (art. 4.2. da ordenanza municipal)
  • queda libre de todo obstáculo un espazo suficiente para garantir un itinerario peonil accesible (art. 5.6 da ordenanza municipal)
  • no caso de instalar plataformas, contémplanse os requisitos sinalados no art. 6 da ordenanza municipal.

Os planos achegaranse en tamaño DIN-A4 ou DIN-A3. Nos planos figurarán as características e número dos elementos para instalar.

  1. Esbozo, fotografías ou catálogos que reflictan polo miúdo a descrición e o deseño da terraza e demais elementos para instalar. Poderá esixirse que o esbozo recolla a perspectiva que ofrezan desde a fronte contraria da vía pública ou parque, ou do inicio e final da rúa ou praza.
  2. Orzamento detallado no que se describan as partidas necesarias para a instalación da terraza, no seu caso.
  3. Xustificante de ter contratada e en vigor unha póliza de seguro de responsabilidade civil (deberá cubrir os posibles riscos que poidan derivarse para as persoas e/ou cousas con motivo do funcionamento, instalación e retirada das terrazas e dos seus elementos auxiliares) de conformidade coas cantidades establecidas pola disposición transitoria terceira da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (detállanse ditas cantidades no modelo normalizado de solicitude).
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Deberá presentar o formulario que se indica, debidamente cumprimentado e asinado, acompañando ao mesmo a documentación requirida, anteriormente indicada.


Volver
Rexistro electrónico