Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

003 Comunicación previa para o inicio dunha actividade

De conformidade co Decreto 92/2019, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento (RLSG) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), que no seu artigo 364 regula as obras destinadas ao desenvolvemento dunha actividade, indicando no punto 2 que é preciso:

Logo de rematar a obra e obtida a licenza de primeira utilización da edificación, nos casos en que sexa exixible, presentarase comunicación previa ou declaración responsable para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento sen máis requisitos, salvo disposición en contrario, que os datos de identificación da persoa titular e a referencia da comunicación previa ou a licenza urbanística que amparou a obra realizada e o certificado final de obra asinado por técnico competente.

Baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude.

PRESENCIALMENTE

Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ELECTRONICAMENTE

Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.

A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.

Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións  online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075 09:00 - 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) 986720075
Oficina Horario
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo 09:00 - 14:00 horas

Volver
Rexistro electrónico