O promotor (persoa física ou xurídica), con carácter previo á execución do acto de que se trate.
PRESENCIALMENTE
Deberá descargar previamente o modelo normalizado correspondente ao procedemento. Unha vez debidamente cuberto e asinado, poderá presentalo no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ELECTRONICAMENTE
Poderá presentar a súa solicitude a través desta sede electrónica, anexando o modelo normalizado, debidamente cuberto e asinado, así como a documentación que se requira en cada caso. É necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.
Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispoñer dun certificado dixital ou ben obter un usuario e contrasinal que se lle expedirá nas oficinas do rexistro xeral municipal previa presentación da solicitude de alta.
A sede electrónica permanecerá aberta as 24 horas de cada un dos 365 días do ano.
Pódense presentar escritos, solicitudes e comunicacións, así como formular consultas sobre as solicitudes presentadas. En suma, realizar xestións online que antes soamente podíanse facer de forma presencial.
En calquera dos casos, deberá presentarse cunha ANTELACIÓN MÍNIMA de QUINCE DÍAS HÁBILES á data prevista para o inicio da realización do acto comunicado.
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 | 09:00 - 14:00 horas |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | Rúa Madrid, núm. 1 - 36960 Sanxenxo (Pontevedra) | 986720075 |
Oficina | Horario | |
Departamento de urbanismo do Concello de Sanxenxo | 09:00 - 14:00 horas |